viernes, 16 de abril de 2010

Actividade 9/04/2010

Definición:

O burnout é a sensación de fracaso e de esgotamento que se orixina por un exceso de gasto de enerxía física, mental e emocional que ten como consecuencia que as forzas e ganas de involucrarte co teu traballo se perdan.
Esta demanda de esforzo psicolóxico que adoita estar unida á tensión emocional e cognitiva estase estendendo a postos directivos, comerciais e políticos, de moitas empresas, compañías e mesmo de administracións.

Síntomas:

A síndrome do burnout comeza pouco a pouco. Os primeiros malestares que o raballador pode percibir son "falta de enerxía física e emocional" no posto de traballo, dificultade para levantarse e ir a traballar, ou utilización de escusas para evadirse das súas responsabilidades laborais, ou mencionalas nunha conversación cando antes era obxecto dos maiores orgullos. Prodúcense enfrentamentos na familia e mostra un
comportamento frío ou indiferente.

Fases:

A síndrome ten varios estadios ou fases que, se os coñeces, poden axudarte a determinar se ti ou un compañeiro de traballo está a padecer este mal ou son proclives a sufrilo:

* Fase de entusiasmo. Esta primeira fase iníciase co grande entusiasmo e enerxía que motivan unha proposta laboral con perspectivas positivas a futuro.
* Fase de estancamento. O traballador non ve recompensa ó seu esforzo e non pode responder aos problemas cotiáns do traballo. Comenza a falta de motivación.
* Fase de frustración. Esta falta de motivación fai que o traballador empece a sentir frustración e desilusión que o fai sentirse incómodo no ambiente que o rodea e se irrite por calquera cousa, o que lle trae problemas cos seus compañeiros de traballo e ata serios problemas de saúde.
* Fase de apatía. O traballador recorre mecanismos de defensa para desfacerse o máis rápido posible e mesmo fuxir das tarefas estresantes.
*Fase de queimado. Esta é a fase final na que o traballador colapsase física e mentalmente. Isto pode rematar na perda do emprego, e levalo a arrastrar esta carga de frustración e insatisfacción a outros centros de traballo.

Desencadeantes:

O burnout non é resultado dunha causa en particular, senón a conxunción de varios problemas que se desenvolven co tempo e van queimando pouco a pouco o espírito do traballador, que acaba desgañado, sen motivación, sen ideas, enerxía nin humor.
Descártase que este sexa produto dun descontento salarial así coma que poida ser causado por incompetencia profesional ou falta de coñecementos para desenvolver as tarefas. Tamén as causas integramente atribuíbles ao traballador e que non poden ser modificadas por este, como os trastornos mentais ou problemas físicos que impiden desenvolverse profesionalmente e alcanzar os obxectivos do seu posto de traballo.

Medidas para evitarlo:

1. A clave está na prevención e en desenvolver a fortaleza interior para controlar os nervios e emocións nos momentos de máxima presión.
Resulta útil o emprego de técnicas de relaxación coma ioga ou meditación, que darán ao traballador as claves para ter o control e calma en situacións adversas, así como a promover o benestar no ámbito de traballo.

2. É importante aprender a ter calma ou recobrala cando se perdeu.

3. Existen técnicas de autorregulación ou control para que o traballador poida administrar mellor o seu tempo e non estar premido polos horarios ou prazos de entregas.

4. Ofrecer aos traballadores ferramentas que lles axuden a desenvolver habilidades sociais e asertividad, para que logren delegar tarefas e solucionar problemas entre os seus pares, superiores ou dependentes.

5. Manter alta a motivación e enerxía no traballo creando un bo grupo humano de traballo.

Grupos de risco:

* Empregados públicos, especialmente os que traballan en atención ao público.
* Mozos traballadores ou profesionais.
* Persoas con moita sensibilidade emocional.
* Traballadores moi autoesixentes.
* Persoas idealistas e perfeccionistas.
* Traballadores con obxectivos propios ou impostos demasiado ambiciosos.

PREGUNTAS:

1. ¿Qué é o burnout?
2. Medidas para evitalo
3. Grupos de risco

fonte: http://contenidos.universia.es/especiales/burn-out/index.htm